jueves, 25 de julio de 2013

Unha noite tráxica onde aflorou a solidaridade

Esta noite debería ser unha noite de troula, festa, verbena e fogos. Sen embargo, está sendo unha noite de llantos, incredulidade e surrealismo. 

Pero unha vez máis, o pobo galego demostrou que é solidario e que nos momentos que máis se lle necesita el responde con creces. 

Non solo onte a policía, os bombeiros e os médicos fixeron un traballo digno de admirar. 

Hai que recoñecer o traballo dos veciños de Angrois, que saíron das súas casas con palas, mantas e palés para intentar sacar e auxiliar a todos os viaxeiros que ían nese tren. Hai que recoñecer a todos ós "festeiros" que decidiron cambiar unha noite de festa por unha doazón de sangue para axudar a todo aquel que o necesitaba. Hai que recoñecer a todos os Hosteleiros que ofreceron ós familiares das víctimas habitacións para que puideran descansar nestres intres. Hai que recoñecer a parados e a xente que deixou as súas vacacións para volver ós postos de traballo cando máis se necesitaba. 

Esta noite será unha noite que quedará na memoria de todos nós, pero tamén quedará o recordo do lado humano da xente que aparece nos peores momentos. Grazas Galiza, porque cando máis se necesita ás persoas é aí cando resaltamos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario