jueves, 25 de julio de 2013

¿Xornalismo? ¿Onde?

Cada suceso que pasa asómbrome máis da situación do xornalismo actual. Tralo grave accidente de onte ocurrido polo descarrilamento dun tren en Santiago de Compostela o normal sería que os medios de comunicación actuaran como o que son: medios de comunicación. 

Sen embargo, só unha televisión, a TVG estaba en directo e informando do acontecido pero eso sí, facendo apoloxía do amarelismo, enfocando corpos de mortos e feridos sen importarlles o dano que poderían facer os familiares das víctimas. 

As cadenas privadas pasaron olímpicamente do tema: Antena 3, Telecinco, Cuatro e La Sexta decidiron seguir coa súa programación habitual e soamente se dignaron a pasar un rótulo informativo na banda inferior da imaxe ¿Acaso era más importante o accidente que o partido? ¿Ou que unha película? Se ve que para estas empresas, o importante é o beneficio económico e a verdadeira finalidade dun medio, informar, non a teñen moi presente. 

Por outra banda, TVE, unha televisión pública decidiu cortar a súa programación e comenzar a falar do accidente case dúas horas máis tarde que ocorrera o incidente. Pero non só chegaron tarde, se non que tamén o fixeron mal. Decidiron emitir unhas imaxes de archivo sobre o accidente de tren ocurrido en 2003 en Castela A Mancha. Incompetitividade e desinformación caracterizaron a emisión de dito canle durante as primeiras horas. 

Sen dúbida, a imaxa que deiixaron onte os nosos medios de comunicación foi moi vergonzosa. E se esta é a liña que o noso país quere seguir, só nos queda botar as mans a cabeza e chorar, porque un país sen xornalismo está condenado ó seu pobo á ignorancia. 

Unha noite tráxica onde aflorou a solidaridade

Esta noite debería ser unha noite de troula, festa, verbena e fogos. Sen embargo, está sendo unha noite de llantos, incredulidade e surrealismo. 

Pero unha vez máis, o pobo galego demostrou que é solidario e que nos momentos que máis se lle necesita el responde con creces. 

Non solo onte a policía, os bombeiros e os médicos fixeron un traballo digno de admirar. 

Hai que recoñecer o traballo dos veciños de Angrois, que saíron das súas casas con palas, mantas e palés para intentar sacar e auxiliar a todos os viaxeiros que ían nese tren. Hai que recoñecer a todos ós "festeiros" que decidiron cambiar unha noite de festa por unha doazón de sangue para axudar a todo aquel que o necesitaba. Hai que recoñecer a todos os Hosteleiros que ofreceron ós familiares das víctimas habitacións para que puideran descansar nestres intres. Hai que recoñecer a parados e a xente que deixou as súas vacacións para volver ós postos de traballo cando máis se necesitaba. 

Esta noite será unha noite que quedará na memoria de todos nós, pero tamén quedará o recordo do lado humano da xente que aparece nos peores momentos. Grazas Galiza, porque cando máis se necesita ás persoas é aí cando resaltamos.